Visitas virtuais
En Asestelo, lideramos a transformación dixital dos negocios mediante a nosa especialización en visitas virtuais, unha solución tecnolóxica innovadora que ofrece unha experiencia inmersiva e visualmente impactante. Estas visitas virtuais están pensadas para abrir as portas tanto de espazos grandes como pequenos, adaptándose a sectores como museos, centros de investigación, centros comerciais ou calquera outro tipo de negocio que desexe mostrar os seus espazos de forma detallada e atractiva.
Ofrecemos dúas solucións diferenciadas para optimizar a experiencia do usuario e mellorar a visibilidade do teu negocio: visitas virtuais interactivas e visitas virtuais para Google My Business.
Ademais, en Asestelo tamén realizamos fotografía 360 de produtos, proporcionando aos teus clientes unha experiencia de compra máis detallada e realista, onde poden apreciar cada ángulo dos teus produtos e tomar decisións de compra máis informadas.
Visita virtual interactiva
Transforma o teu espazo nunha experiencia inmersiva única, totalmente personalizada e interactiva, con visitas virtuais que inclúen contido multimedia, realidade aumentada e a posibilidade de visualización en lentes VR.
Vantaxes da visita virtual interactiva
Experiencia inmersiva e personalizada:
Ofrece unha experiencia visual completa que permite aos usuarios explorar libremente o espazo,
utilizando imaxes de alta resolución, vídeos, sons e menús interactivos adaptados á identidade da marca.
Ideal para recorridos grandes e espazos medianos
Perfecta para museos, centros comerciais e centros de investigación, así como para empresas
medianas que desexan destacar as súas instalacións e a súa imaxe de marca.
Integración de múltiples elementos
Permite a inclusión de vídeos corporativos, imaxes e planos detallados, proporcionando unha visión
completa e enriquecida do espazo e dos servizos ofrecidos.
Mellora o tempo de permanencia no sitio web
A experiencia interactiva e detallada fai que os usuarios pasen máis tempo explorando o teu espazo,
o que pode influír positivamente no SEO do teu sitio.
Aumenta a confianza e a intención de compra
Os clientes poden explorar e coñecer mellor o teu espazo antes de visitalo, o que incrementa a súa
confianza e a probabilidade de conversión.
Compatibilidade con realidade virtual (VR)
Ofrece a opción de visualizar a visita mediante lentes de realidade virtual, proporcionando unha
experiencia máis envolvente e realista.
Accesibilidade desde diversos dispositivos
A visita pode ser visualizada dende ordenadores, tablets e smartphones, mellorando o acceso e a
flexibilidade para os usuarios.
Empresa
Exposicións
Turismo
Visita virtual en Google My Business
Mellora a túa visibilidade en Google con visitas virtuais 360º que integran perfectamente o teu negocio en Google My Business e Google Maps, ofrecendo un acceso sinxelo e directo aos teus clientes.
Vantaxes da visita virtual en Google My Business
Visibilidade mellorada en Google
Incrementa a visibilidade do teu negocio nos resultados de busca e en Google Maps, facendo que sexa máis fácil para os clientes potenciais atopar e explorar o teu espazo.
Acceso rápido e sinxelo
Permite aos usuarios ver o teu espazo directamente desde o perfil de Google My Business sen necesidade de visitar unha web externa.
Mellora a percepción de confianza
Ao mostrar o teu espazo real en Google, aumentas a transparencia e a confianza dos clientes potenciais, o que pode levar a unha maior intención de visita ou compra.
Maior atracción de tráfico local
Axuda a captar clientes locais que buscan negocios próximos a través de Google Maps e busquedas locais.
Optimización para dispositivos móbiles
A visita virtual está accesible e optimizada para dispositivos móbiles, permitindo unha visualización
cómoda dende calquera lugar.
Integración coa ficha de empresa
Complementa a información existente no teu perfil de Google My Business, como horarios, servizos e opinións, ofrecendo unha experiencia de usuario completa e coherente.
Mellora o posicionamento en Google Maps
A inclusión dunha visita virtual pode mellorar a posición do teu negocio en Google Maps, destacándoo fronte á competencia.
Canto custa Google Street View Trusted?
Pequeno | 190 €
- Locais ata 60m2.
- Ata 5 panorámicas.
- Integración en Google.
Mediano | 350 €
- Locais ata 150 m2.
- Ata 10 panorámicas.
- Integración en Google.
Grande | 590 €
- Locais de ata 450 m2.
- Ata 20 panorámicas.
- Integración en Google.
Moi grande
- Locais de máis de 450m2.
- Máis de 20 panorámicas.
- Integración en Google.
- Consultar prezo.
Hostalería
Sanidade
Comercio
Produto interactivo
Achega o teu produto aos usuarios de maneira realista. Coa fotografía de produto 360, os visitantes do teu sitio web poden interactuar coa imaxe e explorala desde todos os ángulos, o que mellora a súa experiencia enormemente.
Aproveita esta oportunidade para aumentar as túas vendas e prolongar o tempo de permanencia na túa web.