A fotografía 360 é unha das especialidades de Asestelo Fotografía e a ferramenta perfecta para mostrar dunha forma global e en detalle como están conformados os obxectos e espazos, permitindo ao visitante gozar dunha visión inmersiva.
Se as instalacións do teu negocio son amplas, propoñémosche a VISITA VIRTUAL AVANZADA cun menú de navegación para facilitar o percorrido ao visitante, personalizar a imaxe da vista, engadir audio ou incluír calquera información adicional.
En Asestelo Fotografía, somos fotógrafos certificados por Google para ofrecer Street View a empresas.
Non perdas a oportunidade de situar o teu negocio no mapa e nas procuras.
Coa fotografía de produto 360, a visitante web poderá moverse dentro da imaxe para observala, mellorando o nivel de interacción entre ambos. Non perdas a oportunidade de incrementar as vendas e mellorar os tempos de estancia na túa web.