Want create site? Find Free WordPress Themes and plugins.

FOTOGRAFÍA COMERCIAL

FOTOGRAFÍA DE INTERIORES

Transmitimos a esencia do teu negocio mostrando os espazos, procesos, detalles que o conforman… para así potenciar a imaxe dos mesmos cara o exterior e mostrar a excelencia dun deseño levado á realidade.

Interiores da tenda de decoración El mundo del papel pintado, na cidade de A Coruña.

FOTOGRAFÍA DE HOSTALERÍA

O visitante móvese atraído polas experiencias. Os proxectos de hostalería elaborados por Asestelo permiten mostrar a realidade da contorna, transmitir sensacións e o ambiente que se respira no lugar.

PRODUTO

Un produto adecuadamente presentado ten maior probabilidade de captar a atención . En Asestelo realizamos fotografía de produto adaptada ás necesidades de cada cliente,
mellorando a imaxe de marca pola calidade visual que achegamos no noso traballo.

Fotografía de producto realizado para joyería Regueira. Colección primera comunión

FOTOGRAFÍA DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS

Sabemos que os eventos corporativos e sociais así como espectáculos e festivais de todo tipo son momentos únicos e irrepetibles. En Asestelo garantimos a cobertura do evento con imaxes de alta calidade.

Así mesmo contamos con gran experiencia na realización de reportaxes fotográficas para a promoción turística. Atopamos novas formas de comunicar a imaxe do destino.

GASTRONÓMICA

Unha fotografía coidada dos alimentos é fundamental á hora de captar ao cliente que vai degustar ese prato elaborado no noso negocio. Mellora a visualización da carta de produtos do teu establecemento coa fotografía gastronómica de Asestelo.

Fotografía de producto realizada para o restaurante A Maceta. Postres

CORPORATIVA

Potencia a identidade empresarial do teu negocio incorporando o factor humano. Transmite a túa cultura empresarial, a identidade corporativa, o potencial de equipo que está detrás de cada proxecto.

FOTOGRAFÍA DE ESTUDO

Procura da calidade e a perfección a través das novas tecnoloxías aplicadas á fotografía

A nosa filosofía é mostrar a mellor imaxe para o seu negocio, coidando ao máximo os detalles e buscando transmitir a esencia de cada espazo. Ademais, o seu equipo está composto por especialistas en deseño gráfico e gravación/edición de vídeo.

Sesión de estudio para book de presentación da actriz Iria
Did you find apk for android? You can find new Free Android Games and apps.