FOTOGRAFÍA 360

A fotografía 360 é unha das especialidades de Asestelo Fotografía e a ferramenta perfecta para mostrar dunha forma global e en detalle como están conformados os obxectos e espazos, permitindo ao visitante gozar dunha visión inmersiva.

VISITAS VIRTUAIS

Unha forma fácil, divertida e interactiva de mostrar un espazo en todas as direccións con só mover o rato

Se as instalacións do teu negocio son amplas, propoñémosche a VISITA VIRTUAL AVANZADA cun menú de navegación para facilitar o percorrido ao visitante, personalizar a imaxe da vista, engadir audio ou incluír calquera información adicional.

Portada da visita virtual percorrendo a nosa arte. Afundación-Abanca

GOOGLE STREET VIEW

Google é o motor de procura que utiliza o 98%
da poboación. Estar presente en Google ou Google Maps resulta imprescindible para gañar visibilidade e aparecer nas primeiras posicións do buscador

En Asestelo Fotografía, somos fotógrafos certificados por Google para ofrecer Street View a empresas.
Non perdas a oportunidade de situar o teu negocio no mapa e nas procuras.

PRODUTO 360

Acerca a realidade do teu produto ao usuario

Coa fotografía de produto 360, a visitante web poderá moverse dentro da imaxe para observala, mellorando o nivel de interacción entre ambos. Non perdas a oportunidade de incrementar as vendas e mellorar os tempos de estancia na túa web.