SALTAR SOBRE OS TELLADOS DE COMPOSTELA

Vista panorámica desde a torre sur da catedral de Santiago de Compostela

SALTAR SOBRE OS TELLADOS DE COMPOSTELA

Despois de varios meses de traballo a nova web de Asestelo fotografía está finalizada. Con ela inicio este blog que servirá para ir publicando algúns dos traballos que realice a nivel profesional e tamén por amor a arte 🙂 Agardo que sexa un punto de encontro e un escaparate que nos conecte.

A primeira entrada deste blog quero adicarlla a Compostela, a cidade que me acolle desde hai xa 28 anos e na que gozo como o primeiro día. Preséntovos unha fotografía de 360º realizada desde o máis alto da torre sur da catedral. Foi tomada durante as obras de rehabilitación da fachada do Obradoiro e para facela empreguei a técnica denominada Flyin Willy.

Na visita virtual atoparedes un hospot que vos conectará con outra fotografía 360 que xa publiquei no seu día; será como saltar sobre os tellados de Santiago Compostela mentres cae a noite. Agardo que as vistas non vos deixen indiferentes.

botón play vista panorámica desde a torre sur da catedral de Santiago de Compostela
* Fotografía realizada gracias a colaboración da Catedral de Santiago.